1 de set. de 2008

Xa van 12 MESES.

(9) Nove ANOS de proceso + (1) Un mes en Teixeiro + (11) Once meses indo e vindo todos os días a durmir a cadea da Coruña, e sigue........

Os veciños do Eixo á espera do Indulto DEZ MESES despois de entrar na cadea(La Opinión 31/08/2008)

16 de jun. de 2008

7 de mai. de 2008

Concentración na Praza do OBRADOIRO

Este VENRES, 09 de Maio de 2008,


CONCENTRACION na Praza do Obradoiro,
ás 08:30 da noite,

a prol do INDULTO dos 3 VECIÑOS DO EIXO.




 




7 de mar. de 2008

A PLATAFORMA EN DEFENSA DOS 3 VECIÑOS DO EIXO DESCONVOCA A CONCENTRACION 7/MARZO-2008

Debido ao cruel asesinato do cidadán vasco Isaías, o movemento veciñal en defensa do indulto dos 3 do Eixo desconvoca a concentración que teria lugar hoxe día 7 de Marzo ás 8.30 na praza do Toral, como mostra de apoio e solidariedade coa súa familia e con toda a cidadanía que padece esta lacra, amosando a nosa total repulsa hacia o terrorismo.

21 de fev. de 2008

A Plataforma polo INDULTO aos veciños do Eixo concéntrase o venres 22 de Febreiro no Toural as 8:30 da noite.




    • A protesta repetirase durante tres venres máis.





  • Propostas da plataforma:

    • Concentración en Madrid, ante o Congreso dos Diputados ou ante o Ministerio de Xustiza.

    • Encerro nun edificio institucional de Compostela.

    • Concerto solidario para colaborar co pago dos intereses da (indemnización 156.000 Euros).



6 de fev. de 2008

O Entroido no Eixo

25456eixo1.jpg


"Máis de trinta comparsas e carrozas puxéronlle cor á tarde gris compostelá e non faltou a nota de crítica social dun grupo vestido de presidiarios cunha pancarta que reclamaba o indulto para os tres do Eixo." (Galicia Hoxe, 06/02/2008)


carnavaleixo3

17 de jan. de 2008

“UN SOLDADO CON TRAXE DE POLICÍA” (por Marcial Prado Rial)

Revista o PichelPolo seu extraordinario interese reproducimos o artigo publicado por Marcial Prado Rial, membro do Consello de Relacións Veciñais, no número 11 (decembro de 2007) da revista O Pichel, a revista das relacións veciñais.

(Premer enriba da capa da revista para ampliala).



UN SOLDADO CON TRAXE DE POLICÍA

Por Marcial Prado Rial

Parece mentira, pero os tres do Eixo, Simón, Xesús e Xosé, xa están na cadea, talvez porque o enorme apoio social que recibiron non deu no cravo, así como tampouco a defensa foi capaz de demostrar que os imputados non tiveron unha responsabilidade directa nos feitos acaecidos o día de autos. Como demócratas que somos debemos aceptar a sentenza, a pesar de que na rúa se comente que estes non foron os responsábeis das lesións do señor Luís, o policía, pero un novo procesado parece que non libraría da cadea a Simón, Xesús e Xosé, é dicir, que de todos os xeitos están fodidos, pobre democracia!