31 de out. de 2007

Manifesto da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia

xunta persoal xunta

O apoio do Presidente da Xunta de Galicia

presidencia

Solidariedade da ADEGa-Compostela

adega

CONCELLO DE BRIÓN: Declaración institucional “en defensa de tres veciños do Eixo”

Declaración institucional do Concello de Brión en apoio a tres veciños do Eixo (pequeno)
Declaración institucional do Concello de Brión "en defensa de tres veciños do Eixo" (Premer enriba da imaxe para ampliala).

O pobo cos tres do Eixo. Liberdade!

30 de octubroNo Centro Penitenciario de Teixeiro, seguro que non están afeitos a que tanta xente acompañe o ingreso de presos nas suas instalacións, porque eramos moitos os que alí fomos.

Tampouco deben estar afeitos a que ingresen, logo de nove anos de proceso xudicial e o pago de 156.600 euros con unha condena de sete anos de prisión, porque todo indica que eles non foron.

O maleficio da dúbida xogou na súa contra durante estes anos de proceso. E o beneficio do indulto non chega ó seu favor nestas horas de ingreso.

Ca dignidade de quen se sabe inocente, os tres do Eixo, entraron finalmente na prisión ca cabeza ben alta no medio dunha salva de aplausos de esas que só se lles dan ás boas persoas... vinte minutos mais tarde os veciños seguiamos aplaudindo.

Un veciño soltou un berro pedindo liberdade e outros pedían xustiza e indulto, nunha pancarta caseira que despregaron pasadas as 9 da noite nun 30 de outubro de orballo que axudaba a disimular as bágoas de moitos e moitas .

O ingreso en prisión (El País - Ed. Galicia)

el país edición galicia 31 de outubro de 2007
Portada (páx. 1) e contraportada (páx. 12) do caderno "Galicia" do xornal "El País" do mércores 31 de outubro de 2007.


A notícia do ingreso en prisión d'Os Tres do Eixo na edición electrónica do xornal:

Y el indulto no llegó a tiempo

O ingreso en prisión (El Correo Gallego)

el correo gallego 31 de outubro de 2007

Primeira páx. e páxs. 6 e 7 do "El Correo Gallego" (31/10/07).


A notícia na edición electrónica do rotativo compostelano:

Primera noche entre rejas de los tres de O Eixo

E aquí a portada do xornal do día en pdf.

O ingreso en prisión (La Voz de Galicia)

la voz de galicia 31 de outubro de 2007

Portada da "Edición Santiago" de "La Voz de Galicia" e páxina 8 do xornal coruñés correspondentes ao día 31 de outubro de 2007.


A notícia na edición electrónica do xornal, en versión galega e en versión española:

Entran en prisión os tres santiagueses que pediron o indulto

Entran en prisión los tres santiagueses que pidieron el indulto

O ingreso en prisión (L-V)

de luns a venres 31 de outubro de 2007

O ingreso en prisión dos compañeiros Jesús, José e Simón foi amplamente recollido polo xornal gratuíto galego L-V (De Luns a Venres). O xornal do día pode descarregarse completo (en pdf) aquí.

30 de out. de 2007

29 de out. de 2007

Os tres do Eixo ingresan no cárcere


ostresdoeixo2.jpg


As asociacións veciñais do concello de Santiago convocan unha concentración na dársena de autobuses da Avenida de Xoan XXIII o martes 30 de Outubro ás 19 horas.



Queremos mostrar o noso apoio aos tres veciños do eixo no momento do seu traslado á prisión.
Para aquelas persoas que queiran acompañalos a Teixeiro, sairán autobuses dende o mesmo lugar.

28 de out. de 2007

A verdade d’Os Tres do Eixo

os tres do eixo

Velaquí un enlace á entrevista de "os tres do Eixo", no local social da parroquia da vila. Para quen queira coñecer a súa verdade. Para quen queira entender máis alá do que se publica nos xornais.

25 de out. de 2007

CONCELLO DE PADRÓN: Acordo do pleno municipal apoiando a reclamación do indulto para os tres do Eixo.

CONCELLO DE PADRÓN: Acordo do pleno municipal apoiando a reclamación do indulto para os tres do Eixo. Páx. 1 (pequeno)

CONCELLO DE PADRÓN: Acordo do pleno municipal apoiando a reclamación do indulto para os tres do Eixo. Páx. 2 (pequeno).

Acordo do Pleno do Concello de Padrón apoiando a reclamación do indulto para os tres do Eixo (premer enriba das imaxes para amplialas).

CONCELLO DE VEDRA: Acordo do pleno municipal solicitando o indulto para os veciños do Eixo

CONCELLO DE VEDRA: Acordo do pleno municipal solicitando o indulto para os veciños do Eixo (pequeno)
Acordo do Pleno do Concello de Vedra solicitando o indulto para os veciños do Eixo (premer enriba da imaxe para ampliala).

22 de out. de 2007

CADEA NON! INDULTO XA! (22/10/07)

cadea non indulto xa
Foto: Ramón Escuredo / El Correo Gallego.


Apoyo total a los vecinos de O Eixo (ECG, 22/10/07)


Miles de personas piden el indulto de 3 condenados por agredir a un policía
(LVG, 22/10/07, en castelán)

Miles de persoas piden o indulto de 3 condenados por agredir a un policía (LVG, 22/10/07, en galego)

“INDULTO XA!”


Indulto xa!(7'22'')



Imaxes e sons recollidos o domingo 21 de outubro de 2007 na Quintana, lugar onde rematou a manifestación que, en solidariedade c'Os Tres do Eixo, percorreu as ruas de Santiago de Compostela.

A calidade da imaxe deixa bastante que desexar mais iso non lle resta un ápice de interese ao vídeo que documenta o grande éxito de convocatoria que supuxo esta manifestación.

Isto é o que a prensa dixo:

Apoyo total a los vecinos de O Eixo (ECG)

Miles de personas piden el indulto de 3 condenados por agredir a un policía (LVG, en castelán)

Miles de persoas piden o indulto de 3 condenados por agredir a un policía (LVG, en galego)

Miles de voces por el indulto a tres "inocentes" (El País - Ed. Galicia)

CONCELLO DE TEO: Acordo da Xunta de Goberno Local

teo

21 de out. de 2007

Vecinos presos*

suso e os tres

Suso de Toro e Os Tres do Eixo na Quintana (Foto: Teresa Díaz).


Nuestro país vive una crisis de transformación inexorable. En las mismas casas donde hace una generación estaban las vacas na corte bajo el sobrado, ahora tenemos Internet y vemos en televisón en color los partidos de la Champions y lo que haga falta. De productores a consumidores, de ir a la fiesta del patrono andando vamos al botellón semanal en auto, y de ir el domingo a la misa de la parroquia hemos pasado a ser los sábados parroquianos del hipermercado.

16 de out. de 2007

MANCOMUNIDADE DA COMARCA DE COMPOSTELA: Declaración institucional en petición do indulto

MANCOMUNIDADE DA COMARCA DE COMPOSTELA: Declaración institucional en petición do indulto (peque)
Declaración institucional da Mancomunidade da Comarca de Compostela en petición do indulto (premer enriba da imaxe para ampliala).

8 de out. de 2007

CONCELLO DE SANTIAGO: Acordo da Xunta de Goberno Local propoñendo a concesión do indulto

CONCELLO DE SANTIAGO: Acordo da Xunta de Goberno Local propoñendo a concesión do indulto Páx. 1 (peque)

CONCELLO DE SANTIAGO: Acordo da Xunta de Goberno Local propoñendo a concesión do indulto Páx. 2 (peque)

Acordo da Xunta de Goberno do Concello de Santiago propoñendo a concesión do indulto aos tres veciños do Eixo (premer enriba das imaxes para amplialas).

5 de out. de 2007

Declaración institucional do Parlamento de Galicia en solidariedade cos veciños do Eixo

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia

Declaración institucional do Parlamento de Galicia en solidariedade cos veciños do Eixo. "Boletín Oficial do Parlamento de Galicia" Nº 424 (04/10/07), páxs. 64760 (portada) e 64763.


Declaracións institucionais

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 1 de outubro de 2007, adoptou os seguintes acordos:

Coñecemento pola mesa da Declaración Institucional aprobada por asentimento na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do día 28 de setembro de 2007

- 07/DEC-0015
Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Declaración institucional de solidariedade cos veciños barrio do Eixo, en Santiago de Compostela

«O Parlamento de Galicia, a través da presente declaración institucional, quere sumarse ás diferentes manifestacións de solidariedade, tanto polo conxunto de entidades sociais como por diferentes institucións públicas, aos veciños do barrio do Eixo, no concello de Santiago de Compostela, que teñen pendente a execución dunha condena que implica o seu ingreso en prisión.

O Parlamento de Galicia non entra a cuestionar as resolucións xudiciais, mais considera preciso lembrar a unanimidade
que se ten producido no consistorio municipal á hora de reclamar o indulto dos tres veciños afectados á vista de que se trata de persoas que velaron polos intereses xerais, que teñen unha traxectoria e conduta social que non representa ningún risco cidadán, que os condenados xa fixeron efectivas as súas responsabilidades civís a favor do prexudicado -coa colaboración das achegas voluntarias dos cidadáns- e que o cumprimento da pena imposta non contribúe ao seu principal obxectivo
que é a rehabilitación, ocasionando o desmembramento de tres familias moi apreciadas no seu contorno social.»

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2007
María Tereixa Paz Franco
Vicepresidenta 1ª

NOTA: Lea a Declaración institucional en pdf (xentileza de vieiros.com) facendo clic aquí.