22 de dez. de 2007

Boas Festas para Os Tres do Eixo!

boas festas para os tres do eixo

Foto: Zero Vacas.

Nestas datas tan especiais, na Alameda de Santiago, podemos ver a curiosa imaxe da fotografía. Esta imaxe, que tomamos do blog Zero Vacas e que é froito da casualidade, ten a virtude de expresar perfeitamente o que sentimos e queremos para Simón, Suso e Pepe:

INDULTO XA!!!
POLO NADAL, INDULTO TOTAL!!!
BOAS FESTAS PARA OS TRES DO EIXO!!!

20 de dez. de 2007

Fotos da manifestación do domingo

manifestación 16 decembro 2007 flickr

Para ver no noso Flickr as fotografías da multitudinaria manifestación do pasado domindo, 16 de decembro de 2007, premer aquí.

18 de dez. de 2007

Manifesto da Quintana (16/12/2007)

Publicamos hoxe o manifesto lido pola escritora Teresa Moure antonte domingo, 16 de decembro, na Quintana ao final da multitudinaria manifestación:

MANIFESTO POLO INDULTO DOS TRES DO EIXO

Agora mesmo estanse a cumprir 46 días e 3 horas do ingreso en prisión dos nosos veciños Simón, Xesús e Xosé, os tres do Eixo.

Estamos aquí para lles dicir que non están sós. Cada noite, cando eles entran en Teixeiro, nós entramos con eles. E cando saen pola mañá ao traballo, volvemos con eles ver a luz do sol. Como eles, levamos a cabeza pesada e a boca seca de quen gorenta o sabor da inxustiza. Porque, desde que entraron en Teixeiro, nós somos os do Eixo. Non están sós.

16 de dez. de 2007

Anuncio da manifestación por megafonía

Premer aquí para escoitar o anuncio da manifestación por megafonía.

15 de dez. de 2007

Vídeos do Concerto Solidario cos “Tres do Eixo”

Oferecemos uns fragmentos da actuación de "Espido" (Guadi Galego e Guillerme Fernández) no Concerto Solidario cos "Tres do Eixo" celebrado no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) o pasado venres, sexta-feira, 14 de decembro de 2007:



Da do "Talabarte Trío" (Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García):



E da de "Marful":



Ao final do concerto "Espido", "Talabarte Trío" e "Marful" interpretaron "en familia" o mafuliano "Leverelem":

“O Auditorio de Galicia acolleu un concerto solidario a favor do indulto para os tres veciños do Eixo” (15/12/07)

público concerto auditorio

Foto: Álvaro Ballesteros (La Voz de Galicia).


O Auditorio de Galicia acolleu un concerto solidario a favor do indulto para os tres veciños do Eixo (LVG, 15/12/2007, en galego)

El Auditorio de Galicia acogió un concierto solidario a favor del indulto para los tres vecinos de O Eixo (LVG, 15/12/2007, en castelán)

As fotos do Concerto

talabarte trio

Talabarte Trío (Foto: Teresa Díaz).



Vexa esta e outras fotos do Concerto Solidario cos Tres do Eixo premendo aquí.

13 de dez. de 2007

Concerto solidario do 14 de decembro: puntos de venda

Cartel concerto
Estes son os puntos de venda onde podedes en Compostela adquirir as entradas para o concerto:
-María Castaña
-Pub A Reixa
-A Reixa -tenda
-Café-bar 13
-C.S. O Pichel (A Gentalha)
-CIG (Sede Nacional)
-BNG (Sede Nacional)
-Bar O Xa Chegou
-Casa das Crechas
-Bar O Polígono (Tambre)
-Taquilla do Auditorio de Galicia

“As asociacións veciñais de Pontevedra, Lugo e Vigo piden o indulto para os tres do Eixo” (LVG, 13/12/07)

Las asociaciones vecinales de Pontevedra, Lugo y Vigo piden el indulto para los tres de O Eixo (LVG, 13/12/02, en castelán)

As asociacións veciñais de Pontevedra, Lugo e Vigo piden o indulto para os tres do Eixo (LVG, 13/12/02, en galego)

As federacións de asociacións de veciños Castelao de Pontevedra, a da provincia de Lugo e Eduardo Chao de Vigo dirixiron un escrito de respaldo á plataforma veciñal a favor do indulto para os tres veciños do Eixo, segundo informou Lois Calvelo, portavoz da plataforma.

12 de dez. de 2007

Próximas convocatorias: Concerto e Manifestación

carteis 14 e 16

CONCERTO
Venres, 14 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) CONCERTO SOLIDARIO COS TRES DO EIXO coa actuación de Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández), Talabarte Trío (Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García) e Marful. Presentará Xurxo Souto. Prezo: 6 € (haberá fila cero).

MANIFESTACIÓN
Domingo, 16 de decembro, ás 12:30 horas, na Alameda de Santiago, grande MANIFESTACIÓN en prol do INDULTO PARA OS VECIÑOS DO EIXO.

“Os ‘Tres do Eixo’ saen á rúa co terceiro grao e os veciños seguen a esixir o indulto” (12/12/07)

os tres do eixo a entrar en teixeiro

Os “Tres do Eixo” saen á rúa co terceiro grao e os veciños seguen a esixir o indulto [GZnación / 12 Dec 07]

Os “Tres do Eixo” saen á rúa co terceiro grao e séguese a esixir o indulto [Chuza.org / 12 Dec 07]

O Auditorio acolle o venres un concerto a favor do indulto para os veciños do Eixo [La Voz, 12/12/2007, en galego]

El Auditorio acoge el viernes un concierto a favor del indulto para los vecinos de O Eixo [La Voz, 12/12/2007, en castelán]

Los condenados de O Eixo comenzaron su jornada laboral [ECG, 12/12/2007]

8 de dez. de 2007

O indulto dos tres do Eixo pídese por todas partes

Para mostra, unha imaxe que vale máis que mil palabras, tomada do xornal electrónico Xornal Certo.

cocheeixo.JPG

7 de dez. de 2007

“És Vítima ou Verdugo Popular”

angel espadas verdugo castelao

"Cousas da Vida", por Castelao e Ángel Espadas Diez (Foto: santiagodecompostela.org).



Transcrición das declaracións realizadas á Radio Voz por Ángel Espadas Diez, concelleiro responsable do seguimento das áreas de Deportes, Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa.

Para escoitar as declaracións do popular concelleiro premer aquí.


“Nosotros dejamos muy clara nuestra postura en su momento. Aunque pueda pensar alguien que nos quedamos absolutamente solos, todo lo contrario, nosotros hemos recibido un amplio respaldo por parte de la ciudadanía de Santiago en el tema del Eixo y nosotros seguimos pensando lo mismo. A nosotros nos encantaría, y lo digo sinceramente, que a estos tres señores se les diese el indulto. La duda que tenemos es de si desde… por parte de estos tres señores se ha hecho todo lo necesario como para que se les dé el indulto. Y en cuanto a la visita que el señor Francisco Rodríguez, el diputado del BNG, realizó ayer a los condenados que están en la cárcel de Teixeiro, pues hombre, nosotros no vamos a entrar a valorar este tipo de visitas -en su momento se dijo que el alcalde de Santiago también había visitado a los tres vecinos del Eixo en la cárcel de Teixeiro- pero sí que echamos de menos que ese tipo de visitas no se realicen también a la otra parte porque es que parece que nos hemos olvidado, por completo, que aquí hay una víctima y de esa víctima no habla absolutamente nadie. Y en ese sentido si que nos volvería gustar a recordar que esa víctima se merece recabar el perdón por parte de los que en su momento fueron sus verdugos y no nos gustaría que dentro de la opinión pública -una opinión pública generalizada- diese la sensación de que, al final, la víctima es el verdugo y los verdugos son las víctimas. Nosotros vamos a mantener, nos vamos a mantener en esa postura; nos encantaría que el indulto fuese concedido pero siempre y cuando se diesen los condicionantes para ser concedido; que no fuese un indulto político si no un indulto social. Y en ese sentido, ya digo, invitamos a todos aquellos que realizan… a todos aquellos representantes políticos que realizan visitas a los tres vecinos del Eixo a la cárcel de Teixeiro que se acuerden también de la otra parte, ¿no?”

“O PP critica que as visitas de políticos aos presos non se fagan ao policía lesionado” (LVG, 07/12/07)

angel espadas verdugo castelao

"Cousas da Vida", por Castelao e Ángel Espadas Diez, concelleiro 'popular' responsable do seguimento das áreas de Deportes, Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa (Foto: santiagodecompostela.org).



O PP critica que as visitas de políticos aos presos non se fagan ao policía lesionado (LVG, 07/12/2007, en galego)

El PP critica que las visitas de políticos a los presos no se hagan al policía lesionado (LVG, 07/12/2007, en castelán)

5 de dez. de 2007

Buzoneo: Nota informativa

O vindeiro Sabado día 8 de decembro, as 11:00 da maña, convocamos na praza do Toural as persoas interesadas en participar no 'buzoneo' pola cidade de Compostela de 50.000 pasquins coa seguinte nota informativa:

O movimento asociativo organizado para a petición de indulto dos tres compañeiros da Asociación de Veciños do Eixo, poñemos este escrito nas súas maus coa pretensión de que se informe, e logo, se o ten a ben, apoie esta xusta causa.



3 de dez. de 2007

Fotos da concentración gaiteira no Flickr

captura flickr dos 3 do eixo
Para ver no noso novo Flickr as fotos da concentración gaiteira que na mañá de onte domingo tivo lugar na compostelana Praza do Toural premer aquí.

A concentración gaiteira de onte domingo na prensa galega de hoxe luns (03/11/07)

gaiteiros toural

Foto: Cris Tobío / El Correo Gallego.



Máis de cen persoas piden o indulto a ritmo de gaita (GH, 03/11/07)

Grupos de gaiteiros reuníronse no Toural para pedir o indulto dos tres veciños do Eixo (La Voz de Santiago / LVG, 03/11/07, en galego)


Grupos de gaiteiros se reunieron en el Toural para pedir el indulto de los tres vecinos de O Eixo
(La Voz de Santiago / LVG, 03/11/07, en castelán)

Gaiteiros con los vecinos de O Eixo (ECG, 03/11/07)

1 de dez. de 2007

Concentración Gaiteira no Toural

pegata indulto x

Este domingo, día 2 de decembro, ao medio día, volveremos concentrarnos na compostelana Praza do Toural. Desta volta trataráse dunha concentración de gaiteiros e gaiteiras que expandirán os seus sons por toda Compostela para pedir o indulto. INDULTO XA!!!

Rolda de prensa dos músicos (01/12/2007)

musicos

Martin Wu e Xocas (The Homens) e Fran Pérez (NARF), entre outros.



A comisión polo indulto para os do Eixo celebra mañá a unha concentración de gaiteiros
(La Voz de Santiago / LVG, 01/12/07, en galego)

La comisión por el indulto para los de O Eixo celebra mañana a una concentración de gaiteiros (La Voz de Santiago / LVG, 01/12/07, en castelán)

Confían en que el indulto de O Eixo llegue este mismo mes (ECG, 01/12/07)

Arelas de indulto para os 'tres do Eixo' (Vieiros, 01/12/07)

30 de nov. de 2007

MANIFESTO. PRAZA DO TOURAL, 29 DE NOVEMBRO DE 2007

praza do toural 29 de novembro de 2007

Aspecto da concentración na Praza do Toural (FOTO: Antonio Hernández / El Correo Gallego).


Eis o texto do manifesto escrito polo compañeiro Lois Calvelo e lido por José Manuel Bocija para finalizar a concentración que, en solidariedade con Jesús, Simón e José, Os Tres do Eixo, tivo lugar na noite de onte xoves, 29 de novembro de 2007, na compostelana Praza do Toural:
Compañeiras e compañeiros:

Mañá, día 30 de novembro, cúmprese un mes desque entraron na prisión de Teixeiro os tres membros do movimento veciñal, Simón, Jesús e José.

É polo tanto para nos un dia triste, no que certamente nos sentimos abatidos, porque consideramos que estos tres veciños da nosa zona, non son merecedores desta inxustiza manifesta.

Pero unha cousa e sentirnos mal, e outra ben distinta, é saber, que nos asiste a razón. Por eso loitamos. Por eso queremos que Simón, Jesús e José, pasen o Nadal coas súas familias e nas súas respectivas casas.

Estos dias ándase a falar dunha probable liberdade condicionada, como fórmula para sair de Teixeiro. Temos que dicir, que a respetamos. Pero tamén debemos afirmar, que non a compartimos.

Porque para nos. Para o tecido asociativo de Compostela e comarca. A única figura e a única fórmula posible, aquela que colma as nosas aspiracións, só vai pasar, pola concesión de indulto polo Consello de Ministros do goberno do Estado.

A concentración de onte á noite no Toural na prensa de hoxe (30/11/07)

concentración praza toural 29 novembro 07

Aspecto da concentración na Praza do Toural (Foto: Cris García/La Voz de Galicia).



A comisión a favor do indulto para os do Eixo repartiron dous mil cartóns na praza do Toural (La Voz de Santiago / LVG, 30/11/07, en galego)


La comisión a favor del indulto para los de O Eixo repartieron dos mil tarjetas en la plaza de O Toural
(La Voz de Santiago / LVG, 30/11/07, en castelán)

Concentración a favor de los vecinos de O Eixo (ECG, 30/11/07)

26 de nov. de 2007

Concentración no Toural

postal

Este xoves, 29 de novembro de 2007, CONCENTRACION na Praza do Toural, ás 20:30 horas, animada por gaiteiros, a favor do indulto dos 3 do Eixo. Montaráse unha mesa para recoller firmas en tarxetas navideñas, deseñadas e pintadas polo pintor santiagués Manolo Suárez (baseándose no deseño da nosa páxina web, realizado por Pancho Lapeña), e envialas ao Ministro de Xustiza pedindo o indulto dos tres do Eixo.

24 de nov. de 2007

Actualidade (24/11/07)

actores

Pepe Penabade, Monti Castiñeiras, Lois Calvelo e José Manuel Bocija (Foto: Patricia Santos / El Correo Gallego)


O Eixo enviará al ministro de Justicia 2.000 postales por un indulto navideño (ECG, 24/11/07)

Bugallo dá por boa a aplicación do segundo grao aos do Eixo (GH, 24/11/07)

Actores gallegos se suman al indulto para los tres de O Eixo (EP, 24/11/07)


La junta de la cárcel podría permitir a los de O Eixo ir a trabajar
(LVG, 24/11/07. En castelán)

A xunta do cárcere podería permitir aos do Eixo ir traballar (LVG, 24/11/07. En galego)

Manifesto das actrices galegas e dos actores galegos

actores 2

Foto: Sandra Alonso / La Voz de Galicia.



Velaquí o manifesto das actrices galegas e dos actores galegos, lido por Monti Castiñeiras e Pepe Penabade na rolda de prensa do día 23 de Novembro:
Os 3 do Eixo somos todos

Hai nove anos, a veciñanza do Eixo loitaba lexitimamente para conseguir melloras na seguridade viaria do seu barrio. Un barrio dividido por unha estrada de tres carrís, que en dous quilómetros. non tiña un so paso de peóns, e na que había constantes atropelos e accidentes de tráfico.

23 de nov. de 2007

Marcial Mouzo fala sobre a nova publicada en El Correo Gallego

marcial

Velaquí parte do audio do programa Pensando en Ti, da Radio Galega, na madrugada do xoves 22 de novembro de 2007. Para escoitar a intervención enteira, pinchar aquí (03:05 PENSANDO EN TI). A maiores, penduramos o apartado no que se refire ó titular do Correo Galego no que se afirmaba "Ya han pedido 'perdón' todos".

Desde esta páxina, apoiamos o bo facer de Marcial Mouzo á hora de tratar esta nova, nun programa no que todos e todas poden opinar, facendo uso da súa liberdade de expresión.

  • "Nós non estamos seguindo o caso.; Non estamos averiguando como outros medios si. Nós estamos escoitando distintas opinións. canto máis escoitamos menos entendemos(...) A ver se dunha vez por todas remata o caso, non sei de qué maneira(...) Nós simplemente comunicamos o que xurdiu dos micrófonos. Non programamos nada. Aclarado todo esto, chegarán máis comentarios, tentamos de seguir. Que cada quen extraia as súas propias conclusións. Alá cada quel coa súa conciencia e alá cada quen co seu rigor informativo" .


(palabras de Marcial Mouzo no final da súa intervención sobre o tema)

para escoitar o audio preme aquí

“Os do Eixo poderán sair do cárcere, mais só para traballar” (ECG, 23/11/07)

el correo gallego 23 de novembro de 2007

El Correo Gallego, 23 de novembro de 2007, páx. 20.


A noticia na edición electrónica del El Correo Gallego:

Los de O Eixo podrán salir de la cárcel, pero sólo para trabajar (ECG, 23/11/07)

Noticias relacionadas (e publicadas na edición electrónica do xornal compostelano):

"El policía tenía la cara hinchada y los ojos amoratados"

Sánchez Bugallo cree que el segundo grado "mejorará la vida" de los vecinos de O Eixo aunque "no cumple el indulto"

“Os tres presos do Eixo esperan o terceiro grao e o policía recibe apoios” (LVG, 23/11/07)

la voz de galicia 23 de novembro de 2007

La Voz de Galicia, 23 de novembro de 2007, páx. 11 (noticia non disponíbel na edición electrónica do xornal).

Últimas noticias (23/11/07)

os tres

Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro (FOTO: Mon/El Correo Gallego)


Los tres presos de O Eixo esperan el tercer grado y el policía recibe apoyos (LVG, 23/11/07)

Los de O Eixo podrán salir de la cárcel, pero sólo para trabajar (ECG, 23/11/07)

"El policía tenía la cara hinchada y los ojos amoratados" (ECG, 23/11/07)

Piden o segundo grao para 'os tres do Eixo' (Vieiros, 23/11/07)

Sinaturas de apoio ao indulto

front

De todos os apoios que se enviaron ao Ministerio de Xustiza coa segunda petición do indulto (12.000 sinaturas en total) destacamos as corporacións, institucións, asociacións e persoas físicas que máis sobrancean nos distintos ámbitos da sociedade galega:

21 de nov. de 2007

“Os tres do Eixo saberán mañá se só teñen que ir dormir á prisión” (ECG, 21/11/07)

el correo gallego 21 de novembro de 2007

El Correo Gallego, 21 de novembro de 2007, páx. 25.


Los tres de O Eixo sabrán mañana si sólo tienen que ir a prisión a dormir (ECG, 21/11/07)

Lea tamén: Ética xornalística.

Escríbelle a Jesús, Simón e José

centro penitenciario teixeiro

Centro Penitenciario de Teixeiro (Foto: Alberto Saavedra / ComiteCidadan.Org)



Escríbelle a Jesús, Simón e José, mais se non queres que che pase como ao amigo Séchu Sende (moitísimas grazas, Séchu!) non te esquezas de por os dous apelidos do(s) destinatario(s), que hai funcionários de prisións a mar de quisquillosos.
SIMÓN VÁZQUEZ VALLE (Pavillón Nº 8 )
JOSÉ MOREIRA FERNÁNDEZ (Enfermaria)
JESÚS MONTOIRO CEPEDA (Enfermaria)

CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO
Estrada de Paradela, S/N
15310 TEIXEIRO-CURTIS (A Coruña)

Unha pancarta pide na Alameda de Santiago o indulto para Os Tres do Eixo

pancarta alameda santiago

Coa pertinente autorización do Concello compostelano, desde onte e até a data -esperemos que moi próxima- da concesión do indulto, na Alameda de Santiago loce unha grande pancarta na que -ademáis de pedirse o indulto para Os Tres do Eixo- se convoca unha manifestación para o vindeiro 16 de decembro e se publicita esta web de apoio a Jesús, Simón e José: http://www.ostresdoeixo.info.

Ética xornalística

os tres do eixo às portas de teixeiro

Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro ás portas de Teixeiro (Foto: Mon / El Correo Gallego)


No día de hoxe pódese ler no xornal El Correo Gallego a seguinte nova:

  • Ya han pedido 'perdón' todos: Los tres vecinos condenados han lamentado los hechos que ocurrieron en julio de 1998, y que concluyeron con lesiones graves a un policía nacional. Así, si Simón Márquez ya pidió públicamente perdón al policía agredido antes de ingresar en prisión, son ahora sus compañeros José Moreira y Jesús Montoiro quienes han lamentado los hechos ocurridos. Uno de ellos envió una carta a Madrid, al Gobierno español. El otro, además, decidió hacerle llegar una misiva al SUP (Sindicato Unificado de la Policía). En el contenido de esta carta, que fue enviado por burofax, se destaca la labor de los agentes nacionales como garantes del orden .

  • No realizan ningún trabajo en Curtis: Simón Márquez, José Moreira y Jesús Montoiro no participan en ninguna labor de la cárcel de Teixeiro (Curtis), ni están dados de alta en ningún taller, ya que los reclusos han de tener antes una clasificación penitenciaria para poder apuntarse a estas actividades.


 


Realizamos unha chamada ó xornal, no que nos poñen en contacto con J. Estrada, a xornalista que redactou parte da nova. Nesa conversa, explícaselle que os tres do Eixo si están a traballar na prisión; Simón axuda na cociña e Jesús e José fanno en enfermeiría. Afirma o erro e dinos que toma nota do asunto. Tamén lle explicamos a J. Estrada que os tres do Eixo non piden perdón en ningún intre sobre os seus actos, xa que negan en todo momento os feitos dos que se lles acusan (se ben é certo que lamentan que o policía puidera ter sufrido lesións ese día, e que apoian en termos xerais a laboura do corpo de policía). Ela dinos que a palabra perdón vén escrita "entre palitos", polo que en ningún intre se dá a entender que eles se presenten como culpables. Falámoslle da ética xornalística, de que hai moita xente que só se queda co titular e non le entre liñas. Dinos que os titulares de prensa son sempre así. Dacordo: os titulares de prensa son así sempre ou non. Dende logo, lendo a nova non queda de todo claro a explicación dese titular.


Falámoslle tamén da entrevista en video que esta páxina realizou ós tres do Eixo e convidámoslle ó xornal a que pase de cando en vez por aquí para ter máis información sobre o asunto. Apunta o nome da páxina e dinos que a visitará. Acto seguido pregunta o nome da persoa que realizou a chamada. Agradecémoslle ó Correo Galego que nos tivera atendido telefonicamente, e pedimos que de aquí en diante os titulares con dobre significado deixen de ser un xogo: a opinión pública merece ese respecto.

CALENDARIO DE TRABALLOS

pancarta



23-11-07: ROLDA DE PRENSA: as 11:15 horas, no local social de Fontiñas, convocada por escritores galegos de fama recoñecida, apoiando o indulto dos 3 do Eixo e os motivos polos que o solicitan.


29-11-07: CONCENTRACION: na Praza do Toural, as 20:30 horas, animada por gaiteiros, a favor do indulto dos 3 do Eixo. Montaráse unha mesa para recoller firmas en tarxetas navideñas, deseñadas e pintadas polo pintor santiagués Manolo Suárez, e envialas ao Ministro de Xustiza pedindo o indulto dos tres do Eixo.



30-11-07: ROLDA DE PRENSA: as 11:15 horas, no local social de Fontiñas, convocada por músicos e cantantes, pedindo o indulto para os 3 do Eixo. Na mesma presentaráse, por membros do movemento veciñal, un Concerto para o día 14 de Decembro, no Auditorio de Galicia.



02-12-07: CONCENTRACION DE GAITEIROS; Percorrido de gaiteiros por Santiago, en pro do indulto dos 3 do Eixo, xuntándose todos nunha praza céntrica (pode ser no Toral), para rematalo percorrido.


14-12-07: CONCERTO NO AUDITORIO: as 20:30 horas, con cantantes galegos que se darán a coñecer con antelación suficiente. O motivo será para acadar diñeiro para a axuda dos intereses que teñen que pagar os 3 do Eixo ao policía (sobre 40.000 €), e para apoio ao indulto. Os prezos serán moi populares.



16-12-07: GRAN MANIFESTACION EN APOIO DO INDULTO: Saíndo da Alameda as 12:30 horas, ata a Praza da Quintana, donde se leerá un manifesto. Os preparativos serán os mesmos que na manifestación do pasado día 21 de Outubro. Repartiránse 50.000 cuartillas informativas, casa por casa, e colocaránse 5.000 cartéis notificando a manifestación. Espérase que nesta ocasión acuda moita máis xente que na anterior.

17 de nov. de 2007

“Un irmán do policía ferido no Eixo apoia o indulto aos veciños” (La Voz de Santiago/LVG, 17/11/07)

la voz de santiago la voz de galicia 17 de novembro de 2007

La Voz de Santiago / La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2007, páx. L1.


la voz de santiago la voz de galicia 17 de novembro de 2007

La Voz de Santiago / La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2007, páx. L6.


A noticia na edición electrónica do xornal:

Un irmán do policía ferido no Eixo apoia o indulto aos veciños (La Voz de Santiago/LVG, en galego)


Un hermano del policía herido en O Eixo apoya el indulto a los vecinos
(La Voz de Santiago/LVG, en castelán)

“Nova manifestación dos veciños do Eixo se non chega o indulto” (ECG, 17/11/07)

el correo gallego 17 de novembro de 2007

El Correo Gallego, 17 de novembro de 2007, páx. 27.



A mesma noticia na edición electrónica del El Correo Gallego:

Nueva manifestación de los vecinos do Eixo si no llega el indulto (ECG, 17/11/07)

La Voz de Santiago (LVG) recolle as impactantes declaracións de Manuel Gómez Vázquez

manuel gomez vazquez

Manuel Gómez Vázquez (Foto: Álvaro Ballesteros / LVG)


La Voz de Santiago (La Voz de Galicia) faise eco hoxe das impactantes declaracións que Manuel Gómez Vázquez, irmán de Luis Gómez Vázquez, o policia "gravemente" ferido durante os desgrazados incidentes que hai nove anos se produciron na santiaguesa parróquia do Eixo, fixo onte á Radio Galega (escoitar o audio) e á Televisión de Galicia (ver o vídeo).

Un irmán do policía ferido no Eixo apoia o indulto aos veciños (La Voz de Santiago/LVG, en galego)

Un hermano del policía herido en O Eixo apoya el indulto a los vecinos (La Voz de Santiago/LVG, en castelán)

O xornal compostelano El Correo Gallego non dí hoxe nada ao respecto mais dá noticia da rolda de prensa ofrecida onte, 16 de novembro, por representantes do movemento veciñal en apoio aOs Tres do Eixo:

Nueva manifestación de los vecinos do Eixo si no llega el indulto (EGG, 17/11/07)

ACTUALIZACIÓN 22/11/2007

Na notícia titulada El pueblo del policía agredido en O Eixo sale en su defensa El Correo Gallego explica hoxe o motivo do seu silencio a respecto das impactantes declaracións de Manuel Gómez Vázquez:

"... el pasado 16 de noviembre, Manuel Gómez Vázquez hizo unas declaraciones que trascendieron a varios medios de comunicación, y que este diario, a pesar de tener acceso a ellas ese mismo día, decidió no publicar por considerarlas con total falta de rigor."

16 de nov. de 2007

“Os escritores súmanse á petición de indulto para ‘os tres do Eixo’” (Vieiros, 16/11/07)

vieiros 16 novembro 2007

SOLIDARIEDADE
Os escritores súmanse á petición de indulto para 'os tres do Eixo'
Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas e Suso de Toro son algúns dos corenta artistas que suscriben o manifesto.

Redacción - 14:02 16/11/2007

As mostras de solidariedade cara os tres santiagueses do Eixo presos en Teixeiro por agredir en 1998 a un policía nunha protesta veciñal continúan. Os colectivos veciñais que piden o indulto para Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro presentaron este venres un manifesto de apoio no que figuran preto de corenta escritores galegos. Entre os mesmos atópanse nomes coma os de Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Xesús Rábade, Ana Romaní e Bieito Rubido.

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago, Xosé María Xuncal, reiterou que os colectivos cidadáns traballan “exclusivamente polo indulto” e que o terceiro grao para os presos non entra dentro das súas previsións. Juncal sinalou nunha conferencia de prensa que os tres veciños están “fatal” de ánimo e que só reciben visitas de familiares as fins de semana, tal e como estipula o réxime da cadea.

Dende os colectivos veciñais están dispostos a continuar coas mobilizacións. Así, se antes non chega o indulto, convocarán unha manifestación en Compostela o vindeiro 16 de decembro, na que esperan reunir a máis de dez mil persoas. Mentres xa está previsto un acto de solidariedade para o día 29 de novembro no Toural no que non faltará a música.

Máis probas

pensandoenti2.jpg

Media hora de declaracións. Estracto do programa Pensando en ti, da Radio Galega, emitido o xoves 16 de novembro de 2007, ás cinco da mañá. Nel, Manuel Gómez Vázquez inculpa ó seu irmán, Luís Gómez Vázquez, de mentir sobre o estado da súa saúde a causa do suposto conflicto acontecido na parroquia d’O Eixo. Interesante testemuña na que di que nunca o chamaron a testificar, e na que asegura que o seu irmán non está cumplindo a baixa laboral. Nel escóitanse cousas como estas:

(…) “O que fixo o meu irmán é triste e vergonzoso. Non se lle arruina a vida así a tres familias”
(…)”Nós somos 13 irmáns e tamén nolas fixo gordas a todos”
(…)”Denunciouno un veciño por andar por aí vendendo vacas ilegalmente”
(…) “Tú crees que isto é xusticia”
(…)”O que non as fai ten que pagalas sen facelas”
(…) “Sempre deshonrou á familia”
(…)”Dóeme o corazón que teñan que pagalo unhas persoas que non o fixeron”
(…)”El mismo o provocou, dígoche sinceramente que a el o único que lle gusta é dar pau e estaca. A el sempre lle gustou tomar a xustiza pola man, a vinganza”


Para escoitalo, PREMER AQUÍ.

Por qué nunca o chamaron a testificar? Agardamos que teñan esta testemuña en conta para o indulto. INDULTO XA!

Impactantes declaracións de Manuel Gómez Vázquez

Onte á noite, a iso das cinco e dez da madrugada, no programa da Radio Galega Pensando en Ti, os oíntes puideron escoitar as declaracións de Manuel Gómez Vázquez, irmán do policía, Luís Gómez Vázquez, que denunciou ós tres do Eixo por unhas supostas lesións, levándoos á cadea. Posteriormente, hoxe, no telexornal da Televisión de Galicia, puidemos velo, acusando ó seu irmán de falsear as condicións do seu estado de saúde, dicindo que "non debería estar de baixa" e afirmando que está disposto a apoiar xunto cos seus outros doce irmáns o apoio do indulto a Xesús, Xosé e Simón, Os tres do Eixo.

14 de nov. de 2007

Envía un correo de apoio*

logotipo ministerio de justicia

INDULTO PARA OS COMPAÑEIROS DO EIXO

Hai xa dez días que os compañeiros do Eixo, Simón Márquez Valle, Xesús Montoiro Cepeda e Xosé Moreira Fernández, ingresaron no cárcere de Teixeiro. Urxe facer un esforzo para conseguir que o antes posible lle sexa concedido o indulto. Por eso vos pedimos que reenviedes este correo a todos os vosos contactos e así acadar definitivamente o INDULTO PARA OS DO EIXO. POR QUE É DE XUSTIZA.

Envía un correo de apoio a: indultos@mjusticia.es
(nome, con D.I.......................), solicito do goberno do estado o indulto de Simón Márquez Valle, José Moreira Fernández e Jesús Montoiro Cepeda, veciños do Eixo, condenados a sete anos de prisión, derivado dos autos do sumario 1/2000 rollo 51/2001 da Sección Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

Apoiamos o indulto por entender que concorren, nas persoas salientadas, os parámetros obxectivos que as fan merecedoras de tal graza, como o feito de que nunca tiveran o menor problema coa xustiza, con independencia dos feitos que deron lugar aos expresados autos, así como ser persoas que sempre velaron polos intereses xerais, especialmente polas melloras no barrio onde habitan, mediante o fomento e o desenvolvemento asociativo de todos os veciños, co único fin de unha mellor calidade de vida para todos eles. Asemade consideramos que a pena imposta, mais aló de rehabilitar, o que produciría neste caso é xustamente o contrario, xa que desmembraria ás tres familias e ocasionaría un prexuizo irreparable para todo un barrio.

Sen entrar a avaliar a resolución xudicial, e con todo o respeto que para min como asinante ten a mesma, o ingreso en prisión das citadas persoas, é unha medida desproporcionada.

* Publicado por Galiza Sosego na sexta-feira (venres), 9 de novembro de 2007.

10 de nov. de 2007

Indulto con causa*

ventura perez marino

Indulto con causa
Ventura Pérez Mariño 10/11/2007

El indulto de un condenado comporta la inejecución total o parcial de una resolución judicial firme; lo que permite que algunos lo vean como una descalificación y causa de enfrentamientos entre el poder ejecutivo que concede el indulto y los titulares del poder judicial, al implicar el que no se aplique lo que estos últimos habían decidido.

7 de nov. de 2007

Os Tres do Eixo: A Sentenza

sentenza


Para descarregar completa (pdf / 41 páxs.) a Sentenza da Audiencia Provincial da Coruña na que condenaron a Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro (Os Tres do Eixo) premer aquí.

5 de nov. de 2007

“Vizinhos do Eixo”


"Vizinhos do Eixo" (2'29”)


"Três vizinhos do Eixo fôrom condenados a sete anos de prisom por um suposto delito de lesons contra a polícia nacional numha manifestaçom contra a construçom do terceiro carril da estrada Santiago-Ourense".

4 de nov. de 2007

“Indulto para os tres do Eixo”


Indulto para os tres do Eixo (9'59”)



"Todo sucedeu en 1998 cando na parroquia de San Cristovo do Eixo en Santiago de Compostela houbo unha manifestación reclamando un paso a nivel para poder cruzar a estrada sen perigo, en vez disto, o goberno aumentou un carril a estrada. Os veciños sairon a rúa, a resposta, furgóns da policía. Nun momento de tensión, un dos policías foi agredido e caeu por un barranco abaixo. Por este motivo tres veciños, escollidos ao azar e inocentes, foron condenados a pagar 156.000 euros de multa e a pasar sete anos en prisión."

2 de nov. de 2007

O testemuño de Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción

gonzalo cortizo


Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción (Foto: Pedro Menéndez)



Publicamos hoxe a gravación da "edición mini" (de 19:09 a 19:30 horas) do programa Zona Nueva da Cadena Ser (Santiago de Compostela) emitido o 19 de xuño de 2006.

Nesta gravación pódese escoitar unha reportaxe da xornalista Aida Pena sobre a declaración institucional que o Concello de Santiago de Compostela fixo naquel día en apoio á petición do indulto de Simón Márquez, José Moreira e Jesus Montoiro (Os Tres do Eixo). Esta reportaxe contén declaracións de Evaristo Nogueira (avogado de Simón Márquez) e Xosé Sánchez Bugallo (alcalde de Santiago).

A continuación o presentador do programa Zona Nueva, o xornalista José Precedo, entrevista a José Manuel Bocija (da Asociación de Veciños do Eixo) e a Gonzalo Cortizo, xornalista da casa que no día de autos se encontraba no Eixo.

O xornalista santiagués Gonzalo Cortizo (que na actualidade ocupa o cargo de xefe da sección de "Nacional" de informativos da Cadena Ser) foi testemuña privilexiada dos desgrazados acontecimentos que en última instancia levaron os compañeiros Jesús, José e Simón á cadea pois, como el mesmo di na entrevista, cando se produciron os mesmos "estaba a escasos centímetros".

Para escoitar a gravación abonda con premer aquí.