8 de nov. de 2007

7 de nov. de 2007

Os Tres do Eixo: A Sentenza

sentenza


Para descarregar completa (pdf / 41 páxs.) a Sentenza da Audiencia Provincial da Coruña na que condenaron a Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro (Os Tres do Eixo) premer aquí.

5 de nov. de 2007

“Vizinhos do Eixo”


"Vizinhos do Eixo" (2'29”)


"Três vizinhos do Eixo fôrom condenados a sete anos de prisom por um suposto delito de lesons contra a polícia nacional numha manifestaçom contra a construçom do terceiro carril da estrada Santiago-Ourense".

4 de nov. de 2007

“Indulto para os tres do Eixo”


Indulto para os tres do Eixo (9'59”)



"Todo sucedeu en 1998 cando na parroquia de San Cristovo do Eixo en Santiago de Compostela houbo unha manifestación reclamando un paso a nivel para poder cruzar a estrada sen perigo, en vez disto, o goberno aumentou un carril a estrada. Os veciños sairon a rúa, a resposta, furgóns da policía. Nun momento de tensión, un dos policías foi agredido e caeu por un barranco abaixo. Por este motivo tres veciños, escollidos ao azar e inocentes, foron condenados a pagar 156.000 euros de multa e a pasar sete anos en prisión."

2 de nov. de 2007

O testemuño de Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción

gonzalo cortizo


Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción (Foto: Pedro Menéndez)



Publicamos hoxe a gravación da "edición mini" (de 19:09 a 19:30 horas) do programa Zona Nueva da Cadena Ser (Santiago de Compostela) emitido o 19 de xuño de 2006.

Nesta gravación pódese escoitar unha reportaxe da xornalista Aida Pena sobre a declaración institucional que o Concello de Santiago de Compostela fixo naquel día en apoio á petición do indulto de Simón Márquez, José Moreira e Jesus Montoiro (Os Tres do Eixo). Esta reportaxe contén declaracións de Evaristo Nogueira (avogado de Simón Márquez) e Xosé Sánchez Bugallo (alcalde de Santiago).

A continuación o presentador do programa Zona Nueva, o xornalista José Precedo, entrevista a José Manuel Bocija (da Asociación de Veciños do Eixo) e a Gonzalo Cortizo, xornalista da casa que no día de autos se encontraba no Eixo.

O xornalista santiagués Gonzalo Cortizo (que na actualidade ocupa o cargo de xefe da sección de "Nacional" de informativos da Cadena Ser) foi testemuña privilexiada dos desgrazados acontecimentos que en última instancia levaron os compañeiros Jesús, José e Simón á cadea pois, como el mesmo di na entrevista, cando se produciron os mesmos "estaba a escasos centímetros".

Para escoitar a gravación abonda con premer aquí.