2 de nov. de 2007

O testemuño de Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción

gonzalo cortizo


Gonzalo Cortizo, testemuña de excepción (Foto: Pedro Menéndez)



Publicamos hoxe a gravación da "edición mini" (de 19:09 a 19:30 horas) do programa Zona Nueva da Cadena Ser (Santiago de Compostela) emitido o 19 de xuño de 2006.

Nesta gravación pódese escoitar unha reportaxe da xornalista Aida Pena sobre a declaración institucional que o Concello de Santiago de Compostela fixo naquel día en apoio á petición do indulto de Simón Márquez, José Moreira e Jesus Montoiro (Os Tres do Eixo). Esta reportaxe contén declaracións de Evaristo Nogueira (avogado de Simón Márquez) e Xosé Sánchez Bugallo (alcalde de Santiago).

A continuación o presentador do programa Zona Nueva, o xornalista José Precedo, entrevista a José Manuel Bocija (da Asociación de Veciños do Eixo) e a Gonzalo Cortizo, xornalista da casa que no día de autos se encontraba no Eixo.

O xornalista santiagués Gonzalo Cortizo (que na actualidade ocupa o cargo de xefe da sección de "Nacional" de informativos da Cadena Ser) foi testemuña privilexiada dos desgrazados acontecimentos que en última instancia levaron os compañeiros Jesús, José e Simón á cadea pois, como el mesmo di na entrevista, cando se produciron os mesmos "estaba a escasos centímetros".

Para escoitar a gravación abonda con premer aquí.

Um comentário: