31 de out. de 2007

Manifesto da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia

xunta persoal xunta

O apoio do Presidente da Xunta de Galicia

presidencia

Solidariedade da ADEGa-Compostela

adega

CONCELLO DE BRIÓN: Declaración institucional “en defensa de tres veciños do Eixo”

Declaración institucional do Concello de Brión en apoio a tres veciños do Eixo (pequeno)
Declaración institucional do Concello de Brión "en defensa de tres veciños do Eixo" (Premer enriba da imaxe para ampliala).

O pobo cos tres do Eixo. Liberdade!

30 de octubroNo Centro Penitenciario de Teixeiro, seguro que non están afeitos a que tanta xente acompañe o ingreso de presos nas suas instalacións, porque eramos moitos os que alí fomos.

Tampouco deben estar afeitos a que ingresen, logo de nove anos de proceso xudicial e o pago de 156.600 euros con unha condena de sete anos de prisión, porque todo indica que eles non foron.

O maleficio da dúbida xogou na súa contra durante estes anos de proceso. E o beneficio do indulto non chega ó seu favor nestas horas de ingreso.

Ca dignidade de quen se sabe inocente, os tres do Eixo, entraron finalmente na prisión ca cabeza ben alta no medio dunha salva de aplausos de esas que só se lles dan ás boas persoas... vinte minutos mais tarde os veciños seguiamos aplaudindo.

Un veciño soltou un berro pedindo liberdade e outros pedían xustiza e indulto, nunha pancarta caseira que despregaron pasadas as 9 da noite nun 30 de outubro de orballo que axudaba a disimular as bágoas de moitos e moitas .

O ingreso en prisión (El País - Ed. Galicia)

el país edición galicia 31 de outubro de 2007
Portada (páx. 1) e contraportada (páx. 12) do caderno "Galicia" do xornal "El País" do mércores 31 de outubro de 2007.


A notícia do ingreso en prisión d'Os Tres do Eixo na edición electrónica do xornal:

Y el indulto no llegó a tiempo