31 de out. de 2007

O pobo cos tres do Eixo. Liberdade!

30 de octubroNo Centro Penitenciario de Teixeiro, seguro que non están afeitos a que tanta xente acompañe o ingreso de presos nas suas instalacións, porque eramos moitos os que alí fomos.

Tampouco deben estar afeitos a que ingresen, logo de nove anos de proceso xudicial e o pago de 156.600 euros con unha condena de sete anos de prisión, porque todo indica que eles non foron.

O maleficio da dúbida xogou na súa contra durante estes anos de proceso. E o beneficio do indulto non chega ó seu favor nestas horas de ingreso.

Ca dignidade de quen se sabe inocente, os tres do Eixo, entraron finalmente na prisión ca cabeza ben alta no medio dunha salva de aplausos de esas que só se lles dan ás boas persoas... vinte minutos mais tarde os veciños seguiamos aplaudindo.

Un veciño soltou un berro pedindo liberdade e outros pedían xustiza e indulto, nunha pancarta caseira que despregaron pasadas as 9 da noite nun 30 de outubro de orballo que axudaba a disimular as bágoas de moitos e moitas .

5 comentários:

  1. Acabo de enterarme pola páxina da Ciberirmandade da pésima nova.
    A minha mais sincera solidariedade e ánimo para os presos e as súas familias.
    Fico a espera de que colguedes o endereço para mandar correios postais de apoio.
    Forza!

    ResponderExcluir
  2. Liberdade e xustiza !!!!!!!

    Tócate o carallo.

    Xustiza fíxose. Estes tres déronlle una paliza a un madeiro. Podo estar ou non dacordo có asunto, pero o que ai que ter claro é que a xente non pode andar aporreando madeiros por ahi.

    E o que dí o xuiz é o que ven na lei. Se te saltas a lei, o talego.
    Isto é asi para un e para outros.

    Agora ben.... visto que son xente mais ou menos normal... o indulto é a saída mais racional para toda esta tolería. Pero unha vez dentro do talego, cumprindo a sentenza e a lei.
    Facelo antes sería "un cachondeo".

    Penso eu.

    ResponderExcluir
  3. Liberdade prós 3 do eixo!!!!

    q vergonha de pais!!!

    ResponderExcluir
  4. Liberdade para os tres do eixo.
    Quintana ... Touriño... A mollarse.

    Merdad de políticos... e axente que defende os seu dereitos presa...
    Merda de pais...

    ResponderExcluir
  5. estuo dacordo con eumesmo

    pero solo che quero aclarar que os que estan na cadea non son os que tiñan que estar,
    xa que lle cargaron o moto de mala maneira, xa que non se pode ir buscar a xente polas casa un mes despois do sucedido, e facer tres informes policiais diferentes, falsear as rodas de reconocementos, facendoas cinco meses despois dos feitos e metendo a policias nas mesmas rodas, e moitas cousas, que non se tiveron en conta.

    esto pasaria nos tempos de franco, cando se ia a buscar a xente polas casas, eiqui o requisito era ter entre 25 e 40 anos e ser do Eixo, e xa estabas fodido.

    Xa que un deles foi buscar a un familiar que estaba no xuzgado e xa quedou ali, porque dixeron que ese tamen.

    con esto xa acabo.

    ResponderExcluir