5 de out. de 2007

Declaración institucional do Parlamento de Galicia en solidariedade cos veciños do Eixo

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia

Declaración institucional do Parlamento de Galicia en solidariedade cos veciños do Eixo. "Boletín Oficial do Parlamento de Galicia" Nº 424 (04/10/07), páxs. 64760 (portada) e 64763.


Declaracións institucionais

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 1 de outubro de 2007, adoptou os seguintes acordos:

Coñecemento pola mesa da Declaración Institucional aprobada por asentimento na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do día 28 de setembro de 2007

- 07/DEC-0015
Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Declaración institucional de solidariedade cos veciños barrio do Eixo, en Santiago de Compostela

«O Parlamento de Galicia, a través da presente declaración institucional, quere sumarse ás diferentes manifestacións de solidariedade, tanto polo conxunto de entidades sociais como por diferentes institucións públicas, aos veciños do barrio do Eixo, no concello de Santiago de Compostela, que teñen pendente a execución dunha condena que implica o seu ingreso en prisión.

O Parlamento de Galicia non entra a cuestionar as resolucións xudiciais, mais considera preciso lembrar a unanimidade
que se ten producido no consistorio municipal á hora de reclamar o indulto dos tres veciños afectados á vista de que se trata de persoas que velaron polos intereses xerais, que teñen unha traxectoria e conduta social que non representa ningún risco cidadán, que os condenados xa fixeron efectivas as súas responsabilidades civís a favor do prexudicado -coa colaboración das achegas voluntarias dos cidadáns- e que o cumprimento da pena imposta non contribúe ao seu principal obxectivo
que é a rehabilitación, ocasionando o desmembramento de tres familias moi apreciadas no seu contorno social.»

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2007
María Tereixa Paz Franco
Vicepresidenta 1ª

NOTA: Lea a Declaración institucional en pdf (xentileza de vieiros.com) facendo clic aquí.

Nenhum comentário:

Postar um comentário