17 de jan. de 2008

“UN SOLDADO CON TRAXE DE POLICÍA” (por Marcial Prado Rial)

Revista o PichelPolo seu extraordinario interese reproducimos o artigo publicado por Marcial Prado Rial, membro do Consello de Relacións Veciñais, no número 11 (decembro de 2007) da revista O Pichel, a revista das relacións veciñais.

(Premer enriba da capa da revista para ampliala).



UN SOLDADO CON TRAXE DE POLICÍA

Por Marcial Prado Rial

Parece mentira, pero os tres do Eixo, Simón, Xesús e Xosé, xa están na cadea, talvez porque o enorme apoio social que recibiron non deu no cravo, así como tampouco a defensa foi capaz de demostrar que os imputados non tiveron unha responsabilidade directa nos feitos acaecidos o día de autos. Como demócratas que somos debemos aceptar a sentenza, a pesar de que na rúa se comente que estes non foron os responsábeis das lesións do señor Luís, o policía, pero un novo procesado parece que non libraría da cadea a Simón, Xesús e Xosé, é dicir, que de todos os xeitos están fodidos, pobre democracia!

22 de dez. de 2007

Boas Festas para Os Tres do Eixo!

boas festas para os tres do eixo

Foto: Zero Vacas.

Nestas datas tan especiais, na Alameda de Santiago, podemos ver a curiosa imaxe da fotografía. Esta imaxe, que tomamos do blog Zero Vacas e que é froito da casualidade, ten a virtude de expresar perfeitamente o que sentimos e queremos para Simón, Suso e Pepe:

INDULTO XA!!!
POLO NADAL, INDULTO TOTAL!!!
BOAS FESTAS PARA OS TRES DO EIXO!!!

20 de dez. de 2007

Fotos da manifestación do domingo

manifestación 16 decembro 2007 flickr

Para ver no noso Flickr as fotografías da multitudinaria manifestación do pasado domindo, 16 de decembro de 2007, premer aquí.

18 de dez. de 2007

Manifesto da Quintana (16/12/2007)

Publicamos hoxe o manifesto lido pola escritora Teresa Moure antonte domingo, 16 de decembro, na Quintana ao final da multitudinaria manifestación:

MANIFESTO POLO INDULTO DOS TRES DO EIXO

Agora mesmo estanse a cumprir 46 días e 3 horas do ingreso en prisión dos nosos veciños Simón, Xesús e Xosé, os tres do Eixo.

Estamos aquí para lles dicir que non están sós. Cada noite, cando eles entran en Teixeiro, nós entramos con eles. E cando saen pola mañá ao traballo, volvemos con eles ver a luz do sol. Como eles, levamos a cabeza pesada e a boca seca de quen gorenta o sabor da inxustiza. Porque, desde que entraron en Teixeiro, nós somos os do Eixo. Non están sós.

16 de dez. de 2007

Anuncio da manifestación por megafonía

Premer aquí para escoitar o anuncio da manifestación por megafonía.