13 de dez. de 2007

“As asociacións veciñais de Pontevedra, Lugo e Vigo piden o indulto para os tres do Eixo” (LVG, 13/12/07)

Las asociaciones vecinales de Pontevedra, Lugo y Vigo piden el indulto para los tres de O Eixo (LVG, 13/12/02, en castelán)

As asociacións veciñais de Pontevedra, Lugo e Vigo piden o indulto para os tres do Eixo (LVG, 13/12/02, en galego)

As federacións de asociacións de veciños Castelao de Pontevedra, a da provincia de Lugo e Eduardo Chao de Vigo dirixiron un escrito de respaldo á plataforma veciñal a favor do indulto para os tres veciños do Eixo, segundo informou Lois Calvelo, portavoz da plataforma.


As federacións invitarán aos veciños integrados nas súas asociacións a participar na manifestación, que se celebrará o vindeiro domingo en Santiago para insistir ante Madrid para que conceda o indulto aos tres veciños, condenados a sete anos de cárcere polas feridas causadas a un policía nacional, durante unha manifestación na que se pedían melloras viarias para a estrada de Ourense, á altura de Santa Lucía.

Lois Calvelo indicou que un numeroso grupo de voluntarios están repartindo carteis informativas sobre a convocatoria da manifestación por toda a comarca; e, ata en municipios da provincia de Pontevedra como Vila de Cruces, Lalín e Silleda.
Doutra banda, o vindeiro venres celebrarase un concerto no Auditorio coa actuación de Marful, Espido e Talabarte Trío. As entradas para o concerto véndense, entre outros sitios, nos bares María Castaña, Casa dás Crechas e Bar 13 (San Roque).

Nenhum comentário:

Postar um comentário