5 de dez. de 2007

Buzoneo: Nota informativa

O vindeiro Sabado día 8 de decembro, as 11:00 da maña, convocamos na praza do Toural as persoas interesadas en participar no 'buzoneo' pola cidade de Compostela de 50.000 pasquins coa seguinte nota informativa:

O movimento asociativo organizado para a petición de indulto dos tres compañeiros da Asociación de Veciños do Eixo, poñemos este escrito nas súas maus coa pretensión de que se informe, e logo, se o ten a ben, apoie esta xusta causa.




Hai nove anos, a veciñanza do Eixo, parroquia de Compostela, loitaba lexitimamente para conseguir melloras na seguridade viaria do seu barrio. Un barrio dividido por unha estrada de tres carrís, que en dous quilómetros. non tiña un so paso de peóns, e na que había constantes atropelos e accidentes de tráfico. En xullo de 1998. Despois dunha concentración que se pruduciu sobre as dez da noite. Un desgraciado accidente fixo que tres veciños fosen encausados por agresións a un policía, condeados a sete anos de prisión e ao pago dunha indemnización que xa se fixo efectiva de 156.000,00 euros , que agoran queren incrementar con 32.000,00 euros mais. O curioso, é que a administración do estado, neste caso o Ministerio de Fomento, foi o reponsable do que aconteceu. Non cumpliu os compromisos adquiridos coa veciñanza do Eixo e os cidadáns foron os condeados, como pudo selo calquera nunha xusta loita, como a que eles facían exercendo o dereito de defendelas súas vidas e a dos seus veciños. Como sempre pasa nestos casos, a parte frouxa da corda somos nos, os cidadáns Os veciños e veciñas conseguiron que se fixera un paso soterrado. Pero tamén hoxe, nove interminables anos despois, tres compañeiros do movimento asociativo, Simón Jesús e José, cumpren máis de cuarenta días xa, encerrados na prisión de Teixeiro e sen saber cando van sair. Estos dias ándase a falar dunha probable liberdade condicionada, como fórmula para sair de Teixeiro. Temos que dicir, que a respetamos. Pero tamén debemos afirmar, que non a compartimos. A única fórmula posible. Aquela que colma as nosas aspiracións, só vai pasar, pola concesión de indulto do Consello de Ministros do goberno do Estado. Nesta xusta medida, imos seguir para diante cos actos programados e a loitar única e exclusivamente para que lles conceda o indulto, como xa llelo temos concedido, coas nosas sinaturas e apoio, mais de 13.000 persoas, o parlamento de Galicia, os concellos de Santiago e de toda a comarca, asociacións de Veciños e outras, centrais Sindicais, profesionais, escritores, escritoras, actrices, actores, músicos de diversas fórmulas de ritmos, é en definitiva, milleiros e milleiros cidadáns da nosa terra.

Entendemos pois, que concorren, nas persoas nomeadas, os parámetros obxectivos que as fan merecedoras de tal graza, como o feito de que nunca tiveran o menor problema coa xustiza, con independencia dos feitos que deron lugar aos expresados autos, así como ser persoas que sempre velaron polos intereses xerais, especialmente polas melloras no barrio onde habitan, co único fin de unha mellor calidade de vida para todos eles. Asemade consideramos que a pena imposta, mais aló de rehabilitar, o que produce neste caso é xustamente o contrario, xa que rompe ás tres familias e ocasiona un prexuizo irreparable para todo un barrio.


Apoiar o indulto é un acto de xustiza. Mais información na páxina web: www.ostresdoeixo.info .

Nenhum comentário:

Postar um comentário