Aspecto da concentración na Praza do Toural (FOTO: Antonio Hernández / El Correo Gallego).
Eis o texto do manifesto escrito polo compañeiro Lois Calvelo e lido por José Manuel Bocija para finalizar a concentración que, en solidariedade con Jesús, Simón e José, Os Tres do Eixo, tivo lugar na noite de onte xoves, 29 de novembro de 2007, na compostelana Praza do Toural:
Compañeiras e compañeiros:
Mañá, día 30 de novembro, cúmprese un mes desque entraron na prisión de Teixeiro os tres membros do movimento veciñal, Simón, Jesús e José.
É polo tanto para nos un dia triste, no que certamente nos sentimos abatidos, porque consideramos que estos tres veciños da nosa zona, non son merecedores desta inxustiza manifesta.
Pero unha cousa e sentirnos mal, e outra ben distinta, é saber, que nos asiste a razón. Por eso loitamos. Por eso queremos que Simón, Jesús e José, pasen o Nadal coas súas familias e nas súas respectivas casas.
Estos dias ándase a falar dunha probable liberdade condicionada, como fórmula para sair de Teixeiro. Temos que dicir, que a respetamos. Pero tamén debemos afirmar, que non a compartimos.
Porque para nos. Para o tecido asociativo de Compostela e comarca. A única figura e a única fórmula posible, aquela que colma as nosas aspiracións, só vai pasar, pola concesión de indulto polo Consello de Ministros do goberno do Estado.