21 de nov. de 2007

CALENDARIO DE TRABALLOS

pancarta



23-11-07: ROLDA DE PRENSA: as 11:15 horas, no local social de Fontiñas, convocada por escritores galegos de fama recoñecida, apoiando o indulto dos 3 do Eixo e os motivos polos que o solicitan.


29-11-07: CONCENTRACION: na Praza do Toural, as 20:30 horas, animada por gaiteiros, a favor do indulto dos 3 do Eixo. Montaráse unha mesa para recoller firmas en tarxetas navideñas, deseñadas e pintadas polo pintor santiagués Manolo Suárez, e envialas ao Ministro de Xustiza pedindo o indulto dos tres do Eixo.



30-11-07: ROLDA DE PRENSA: as 11:15 horas, no local social de Fontiñas, convocada por músicos e cantantes, pedindo o indulto para os 3 do Eixo. Na mesma presentaráse, por membros do movemento veciñal, un Concerto para o día 14 de Decembro, no Auditorio de Galicia.



02-12-07: CONCENTRACION DE GAITEIROS; Percorrido de gaiteiros por Santiago, en pro do indulto dos 3 do Eixo, xuntándose todos nunha praza céntrica (pode ser no Toral), para rematalo percorrido.


14-12-07: CONCERTO NO AUDITORIO: as 20:30 horas, con cantantes galegos que se darán a coñecer con antelación suficiente. O motivo será para acadar diñeiro para a axuda dos intereses que teñen que pagar os 3 do Eixo ao policía (sobre 40.000 €), e para apoio ao indulto. Os prezos serán moi populares.



16-12-07: GRAN MANIFESTACION EN APOIO DO INDULTO: Saíndo da Alameda as 12:30 horas, ata a Praza da Quintana, donde se leerá un manifesto. Os preparativos serán os mesmos que na manifestación do pasado día 21 de Outubro. Repartiránse 50.000 cuartillas informativas, casa por casa, e colocaránse 5.000 cartéis notificando a manifestación. Espérase que nesta ocasión acuda moita máis xente que na anterior.

Nenhum comentário:

Postar um comentário