14 de nov. de 2007

Envía un correo de apoio*

logotipo ministerio de justicia

INDULTO PARA OS COMPAÑEIROS DO EIXO

Hai xa dez días que os compañeiros do Eixo, Simón Márquez Valle, Xesús Montoiro Cepeda e Xosé Moreira Fernández, ingresaron no cárcere de Teixeiro. Urxe facer un esforzo para conseguir que o antes posible lle sexa concedido o indulto. Por eso vos pedimos que reenviedes este correo a todos os vosos contactos e así acadar definitivamente o INDULTO PARA OS DO EIXO. POR QUE É DE XUSTIZA.

Envía un correo de apoio a: indultos@mjusticia.es
(nome, con D.I.......................), solicito do goberno do estado o indulto de Simón Márquez Valle, José Moreira Fernández e Jesús Montoiro Cepeda, veciños do Eixo, condenados a sete anos de prisión, derivado dos autos do sumario 1/2000 rollo 51/2001 da Sección Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

Apoiamos o indulto por entender que concorren, nas persoas salientadas, os parámetros obxectivos que as fan merecedoras de tal graza, como o feito de que nunca tiveran o menor problema coa xustiza, con independencia dos feitos que deron lugar aos expresados autos, así como ser persoas que sempre velaron polos intereses xerais, especialmente polas melloras no barrio onde habitan, mediante o fomento e o desenvolvemento asociativo de todos os veciños, co único fin de unha mellor calidade de vida para todos eles. Asemade consideramos que a pena imposta, mais aló de rehabilitar, o que produciría neste caso é xustamente o contrario, xa que desmembraria ás tres familias e ocasionaría un prexuizo irreparable para todo un barrio.

Sen entrar a avaliar a resolución xudicial, e con todo o respeto que para min como asinante ten a mesma, o ingreso en prisión das citadas persoas, é unha medida desproporcionada.

* Publicado por Galiza Sosego na sexta-feira (venres), 9 de novembro de 2007.

Um comentário:

  1. Eu acabo de enviar ao Ministério da Justiça (Gobierno de España) a minha solicitude de indulto. Um grao nom fai um graneiro, mas ajuda o companheiro (refrám espanhol). INDULTO JÁ!!!

    ResponderExcluir