24 de nov. de 2007

Manifesto das actrices galegas e dos actores galegos

actores 2

Foto: Sandra Alonso / La Voz de Galicia.



Velaquí o manifesto das actrices galegas e dos actores galegos, lido por Monti Castiñeiras e Pepe Penabade na rolda de prensa do día 23 de Novembro:
Os 3 do Eixo somos todos

Hai nove anos, a veciñanza do Eixo loitaba lexitimamente para conseguir melloras na seguridade viaria do seu barrio. Un barrio dividido por unha estrada de tres carrís, que en dous quilómetros. non tiña un so paso de peóns, e na que había constantes atropelos e accidentes de tráfico.


En xullo de 1998. Despois dunha concentración que se pruduxo sobre as dez da noite, un desgraciado accidente fixo que seis veciños fosen encausados por agresións a un policía, ainda que posteriormente tres deles foron absoltos.

Pasaron nove anos. Os veciños e veciñas conseguiron que se fixera un tardío paso subterráneo. Pero tamén hoxe, tres cidadáns que nunca tiveran ningún conflicto salientable, Simón Jesús e José, están cumprindo unha condena de sete anos de cadea na prisión de Teixeiro.

Foron eles os condenados, pero pode ser calquera nunha loita xusta, como a que eles facían exercendo un dereito, e na defensa dunha mellor calidade de vida para o conxunto da cidadania.

As actrices e actores que apoiamos iste manifesto, sen entrar a avaliar a resolución xudicial, e con todo o respeto para a mesma, consideramos que o cumprimento da pena é unha medida desproporcionada.

Nesa xusta medida, entendemos que o único xeito de solventar esta situación é que o goberno do estado lles conceda o indulto.

Apoiamos o indulto por entender que concorren, nas persoas salientadas, os parámetros obxectivos que as fan merecedoras de tal graza, como o feito de que nunca tiveran o menor problema coa xustiza, con independencia dos feitos que deron lugar aos expresados autos, así como ser persoas que sempre velaron polos intereses xerais, especialmente polas melloras no barrio onde habitan, mediante o fomento e o desenvolvemento asociativo de todos os veciños e veciñas, co único fin de unha mellor calidade de vida para todos eles. Asemade consideramos que a pena imposta, mais aló de rehabilitar, o que produciría neste caso é xustamente o contrario, xa que desmembraria ás tres familias e ocasionaría un prexuizo irreparable para todo un barrio.

Nenhum comentário:

Postar um comentário