23 de nov. de 2007

Marcial Mouzo fala sobre a nova publicada en El Correo Gallego

marcial

Velaquí parte do audio do programa Pensando en Ti, da Radio Galega, na madrugada do xoves 22 de novembro de 2007. Para escoitar a intervención enteira, pinchar aquí (03:05 PENSANDO EN TI). A maiores, penduramos o apartado no que se refire ó titular do Correo Galego no que se afirmaba "Ya han pedido 'perdón' todos".

Desde esta páxina, apoiamos o bo facer de Marcial Mouzo á hora de tratar esta nova, nun programa no que todos e todas poden opinar, facendo uso da súa liberdade de expresión.

  • "Nós non estamos seguindo o caso.; Non estamos averiguando como outros medios si. Nós estamos escoitando distintas opinións. canto máis escoitamos menos entendemos(...) A ver se dunha vez por todas remata o caso, non sei de qué maneira(...) Nós simplemente comunicamos o que xurdiu dos micrófonos. Non programamos nada. Aclarado todo esto, chegarán máis comentarios, tentamos de seguir. Que cada quen extraia as súas propias conclusións. Alá cada quel coa súa conciencia e alá cada quen co seu rigor informativo" .


(palabras de Marcial Mouzo no final da súa intervención sobre o tema)

para escoitar o audio preme aquí

Nenhum comentário:

Postar um comentário