17 de nov. de 2007

La Voz de Santiago (LVG) recolle as impactantes declaracións de Manuel Gómez Vázquez

manuel gomez vazquez

Manuel Gómez Vázquez (Foto: Álvaro Ballesteros / LVG)


La Voz de Santiago (La Voz de Galicia) faise eco hoxe das impactantes declaracións que Manuel Gómez Vázquez, irmán de Luis Gómez Vázquez, o policia "gravemente" ferido durante os desgrazados incidentes que hai nove anos se produciron na santiaguesa parróquia do Eixo, fixo onte á Radio Galega (escoitar o audio) e á Televisión de Galicia (ver o vídeo).

Un irmán do policía ferido no Eixo apoia o indulto aos veciños (La Voz de Santiago/LVG, en galego)

Un hermano del policía herido en O Eixo apoya el indulto a los vecinos (La Voz de Santiago/LVG, en castelán)

O xornal compostelano El Correo Gallego non dí hoxe nada ao respecto mais dá noticia da rolda de prensa ofrecida onte, 16 de novembro, por representantes do movemento veciñal en apoio aOs Tres do Eixo:

Nueva manifestación de los vecinos do Eixo si no llega el indulto (EGG, 17/11/07)

ACTUALIZACIÓN 22/11/2007

Na notícia titulada El pueblo del policía agredido en O Eixo sale en su defensa El Correo Gallego explica hoxe o motivo do seu silencio a respecto das impactantes declaracións de Manuel Gómez Vázquez:

"... el pasado 16 de noviembre, Manuel Gómez Vázquez hizo unas declaraciones que trascendieron a varios medios de comunicación, y que este diario, a pesar de tener acceso a ellas ese mismo día, decidió no publicar por considerarlas con total falta de rigor."

5 comentários:

  1. recordovos a todos vos que unha das bases para a obtencion do indulto é o arrepentimento e a concesion do perdon por parte da victima.e non hay nin unha cousa nin outra asi que de momento non pode haber indulto xa que non hay ningun argumento xuridico por moitas firmas ou apoios que haxa

    ResponderExcluir
  2. Ola,
    no meu blog colguei umha "anécdota" moi particular sobre duas cartas que lhes enviei ao tres do Eixo que me vinherom devoltas. As cartas devoltas dos tres do Eixo.
    Penso que é um exemplo de como o sistema está a levar por diante os direitos de tres persoas envoltas num processo kafkiano.
    Um exemplo mais de injustiça.
    saúde e força.

    http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=26073

    ResponderExcluir
  3. Non vou ir desmentindo cada unha das cousas que dixo este Manolo, porque a palabras necias, xa se sabe.



    Só vou decir unha cousa que el non dixo ¿por que será?



    Se tanto sabe porque non di onde estaba o 8 de xuño de 2007.



    ¿Que facía en Verín? ¿por que non di que tal lle foi na voda?



    Por que casou con MARÍA KELLY RODRÍGUES.



    O normal é que un noivo coñeza a súa futura muller. Pois resulta que non a coñece. Nin antes nin despois de casado. ¡Que raro!



    E ¿que faría cos 3.000 euros que lle deron por esa BODA DE CONVENIENCIA? Pois o que fai sempre. Gastalos en comilonas e borracheras.



    Toda a vida deste personaxe foron os cartos fáciles e agora que acabou cos 3000 euros busca otras fontes de ingresos: ¿os veciños do Eixo?. É un branco moi, moi, moi fácil.



    Dende logo estes veciños xa non poiden caer máis baixo ¿pódese comprar a opinión dun irmán resentido? seguramente que si e con moi poucos cartos.



    E sigo preguntando ¿pódese comprar a un xuez? ¿a un forense?... Por favor, seamos serios e que cada un que sexa responsable do que fai



    Podía contar moitas máis cousas deste pobre infeliz de manoliño, pero non teño nin tempo nin ganas.



    Eso sí. Como siga por ese camiño, vou a estar na obriga contar máis verdades deste personaxe. E non vaia ser que teña facerlle compañía aos outres tres que están no cárcere.

    ResponderExcluir
  4. dende a edición da páxina pedimos respecto e rigor á hora de escribir os comentarios. doutro xeito serán borrados automaticamente. cremos que estamos respectando a liberdade de expresión da xente. pero se esta liberdade se convirte en libertinaxe e cada cal se pon a dicir cousas sen ton nin son insultando ós demáis, non podemos admitilo. este é un foro de debate, non unha peixería. quen queira expresarse, que se modere un pouco.

    ResponderExcluir
  5. MOI BEN. ESTOU COMPLETAMENTE DACORDO.

    Pois teredes que decirlle ao irmán do policía que deixe de decir mentiras, calumnias e demáis infamias.

    Non é bo ver a ese personaxe máis nos medios de comunicación actuando como defensor voso.

    O único que fixo ata agora foi perxudicarvos.

    ResponderExcluir